domingo, 17 de abril de 2011

Estudo da idade das persoas demandantes inscritas por primeira vez no Servizo Municipal de Emprego de Oleiros en 2010

Tomando como base a distribución da idade en catro tramos podemos simplificar en gran medida a análise desta variable de relevancia para entender o perfil do usuario-tipo que se deu de alta no Centro Isaac Díaz Pardo no ano que acaba de rematar.

Os catro intervalos utilizados para acoutar o total de novos demandantes son “menores de 20 anos”, “entre 21 e 30 anos”, “entre 31 e 45 anos” e “maiores de 46 anos”.

          Distribución por tramos de idade dos novos demandantes inscritos no Servizo Municipal de Emprego de Oleiros en 2010

Número de homes
Número de mulleres
Total demandantes
Menores de 20 anos
68
45
113
Entre 21 e 30 anos
241
211
452
Entre 31 e 45 anos
178
233
411
Maiores de 46 anos
74
87
161
Total
561
576
1137

SERVIZO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Se tomamos a totalidade de novos usuarios que se inscribiron como demandantes de emprego advertimos que o grupo máis numeroso foi o cohorte coa idade comprendida entre 21 e 30 anos, trocando a tendencia que viñamos a observar nos tres últimos anos. En 2007, 2008 e 2009 o tramo con maior representatividade fora o comprendido entre os 31 e 45 anos.

Podemos explicar o rexuvenecemento da bolsa de emprego de Oleiros neste ano como consecuencia dun proceso de selección que se levou a cabo pola intermediación do Centro de Formación Isaac Díaz Pardo, como foi a contratación de persoal por parte de Decathlon, que buscaba dependentes menores de 30 anos, o que fixo que moitas persoas que cumprían o requisito da idade se anotase como demandante no noso Servizo.

Estudo da variable xénero das novas persoas inscritas no Servizo de Emprego de Oleiros en 2010

Nos últimos anos estabamos a notar unha certa feminización do usuario-tipo que se inscribía no Servizo Municipal de Emprego para a busca de emprego. A continuación detallaremos a proporción de homes e mulleres que se deron de alta na bolsa de emprego do Centro Isaac Díaz Pardo no ano 2010.

          Distribución do número de persoas usuarias que se inscribiron no Servizo Municipal de Emprego de Oleiros segundo fosen homes ou mulleres

Usuarios/as inscritos/as por primeira vez
Homes
561
Mulleres
576
Total
1137

Este ano tamén foron máis mulleres que homes as que se inscribiron no Servizo Municipal de Emprego de Oleiros. En total 576 mulleres rexistraron por primeira vez o seu currículo na base de datos do Centro Isaac Díaz Pardo.

O número de homes que se deron de alta na bolsa de emprego de Oleiros en 2010 foi de 561, trinta e dous demandantes varóns máis que o ano anterior.
 
sábado, 2 de abril de 2011

Análise da programación de cursos do Centro Isaac Díaz Pardo en 2010 atendendo a aquel alumnado con certificado de discapacidade

    No Centro Isaac Díaz Pardo mantense o compromiso por paliar as barreiras coas que as persoas demandantes de emprego con discapacidade se atopan para incorporarse no mercado de traballo. Esa premisa é unha realidade no apoio ao alumnado participante que presenta algún tipo de discapacidade.   

      Evolución no período 2003-2010 do número de alumnos e alumnas que achegaron un certificado de discapacidade por acción formativa

2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
Albanelería
X
X
X
X
0
1
1
X
Carpintería
X
X
X
X
1
2
0
X
Cociña
1
2
1
1
0
2
X
2
Ebanistería
0
1
X
1
X
X
X
X
Escaiolista
1
2
1
0
1
1
1
0
Fontanería
0
0
X
0
0
0
1
X
I. Serigrafía
0
X
3
1
X
X
X
X
Ofimática
0
0
X
X
X
X
X
X
Pastelería
X
X
2
1
3
2
0
X
Pintura
1
0
1
1
0
3
1
X
Viveirista
0
X
X
X
X
X
X
X
Xardinería
X
X
0
1
0
2
1
0
Alumnos con discapacidade
3
5
8
6
5
13
5

Só dúas persoas participantes nas accións formativas que se fixeron no Centro Isaac Díaz Pardo en 2010 presentaron o certificado de discapacidade.

Casualmente as dúas únicas persoas que achegaron esta certificación foron participantes do curso de cociña. 

miércoles, 23 de marzo de 2011

Contratación de traballadores desempregados para a realización de traballos e obras de interese social.

 Neste ano realizáronse diversos proxectos para a contratación de traballadores desempregados, para a realización de obras e servizos de interese social. Uns programas foron financiados directamente polo Concello e outros foron realizados a través dos convenios de colaboración coa Xunta de Galicia. Os programas desenvolvidos foron os seguintes:

Denominación
Financiamento
Nº Traballadores
Duración
Realización de mobiliario urbano
Concello-Xunta
3
6 meses
Contratación de 1 Aux. de Protección Civil
Concello-Xunta
1
4 meses
Mantemento e limpeza de praias
Concello-Xunta
6
3 meses
Contratación de pintores para traballos de pintura en edificios públicos
Concello-Xunta
3
6 meses
Totais

13

Como podemos ver, en total, contratáronse de forma directa polo Concello, un total de 13 persoas. Éstas pertencen a algún dos colectivos seguintes:

-          Ex - alumnos de programas de formación realizados polo Centro. Preténdese que os alumnos formados no Centro adquiran unha experiencia laboral, que lles de máis posibilidades de inserción laboral unha vez que rematen o seu contrato.

-          Persoas con especiais dificultades á hora de atopar traballo. Fundamentalmente persoas con algún tipo de minusvalía ou con idade superior aos 45 anos, que xa teñen dificultade para insertarse laboralmente nos sistemas de emprego normalizados.

sábado, 19 de marzo de 2011

Programas de emprego municipais.

·         Contratación de traballadores desempregados para a realización de traballos e obras de interese social.