sábado, 19 de marzo de 2011

Recursos Humanos e Materias cos que conta o Concello de Oleiros para levar a cabo a políticas de Emprego e Formación.


Preséntanse a continuación os datos relativos á xestión realizada na área de Formación e Emprego do Concello de Oleiros. Dita actividade concéntrase nos Centros Municipais de Formación, “Isaac Díaz Pardo” e “A Carballeira”.

            Os Programas cos que conta o Concello para combater o desemprego son os seguintes:
§         Programa de Orientación Profesional
§         Programas de Formación Ocupacional
§         Programas de Promoción do Emprego

Para desenvolver todos estes programas, o Concello conta cos seguintes recursos humanos:

·         Persoal do Centro Municipal de Formación “Isaac Díaz Pardo”:
-          1 Director (Grupo A contratado a xornada completa. Persoal laboral indefinido do Concello).
-          3 Orientadoras Profesionais: 2 grupos A (contratadas a xornada completa; unha delas persoal  laboral indefinido do Concello e outra persoal  laboral temporal financiada polo Concello) e 1 grupo B (contratada a xornada completa e cofinanciada polo Concello e pola Xunta).
-          1 Técnica Local de Emprego (Grupo A, contratada a xornada completa. Persoal  laboral indefinido do Concello. O salario está cofinanciado polo Concello e a Xunta).
-          1 Técnica de Inserción Laboral  (Grupo A contratada a xornada completa. Persoal laboral indefinido do Concello).
-          1 Administrativo (Grupo C, contratado a xornada completa. Persoal laboral indefinido do Concello).
-          1 Auxiliar Administrativa (Grupo D, contratada a xornada completa. Persoal laboral indefinido do Concello).
-          1 Conserxe (Grupo E, contratado a xornada completa. Persoal laboral indefinido do Concello).
-          1 limpadora (realiza o servizo a media xornada e pertence a unha empresa de limpeza).
-          Docentes dos cursos (neste ano foron 7).
·         Persoal do Centro Municipal de Formación “A Carballeira”:
-          2 operarios de mantemento do viveiro (Grupos D, contratados a xornada completa. Persoal laboral temporal do Concello).
-          1 Limpadora (realiza o servizo a media xornada e pertence a unha empresa de limpeza).

Tamén o Concello conta cun soporte administrativo situado no Organismo Autónomo Administrativo de Cultura, que tramita tódolos expedientes económicos do Centro. O persoal que participa nesta importante labor é o seguinte:
-1 Secretaria-Interventora
-2 Auxiliares Administrativas
-1 Administrativo de Contabilidade

Ademais dos datos relativos aos usuarios dos programas hai que indicar que, para levar a cabo toda a actividade que se vai comentar a continuación, foi necesario realizar un importante traballo administrativo. Así, subliñar que en total se tramitaron 78 expedientes para mercar materiais, nos que se incluíron 298 facturas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario